CORAL POLIFÓNICA LEMBRANZAS DE SANTA CRUZ
A Coral Polifónica Lembranzas de Santa Cruz naceu no último trimestre de 1994 e dende entón está dirixida por D. Salvador Gascón Serra. Actualmente está formada por 39 voces mixtas.
Dende os seus inicios, o coro participou en multitude de concertos de todo tipo por todo o Estado, así como no país veciño (Portugal) e Italia. Sinalamos algunhas das súas actuacións:
• . “XXXII Certame da Canción Mariñeira de San Vicente de la Barquera” (Cantabria).
• Concerto en Goveia (Portugal).
• Encontro de corais nas Pontes.
• Misa cantada en Tavernes de Valldigna (Valencia).
• VIII Festival de Habaneiras en Monforte de Lemos.
• Celebración do Día das Letras Galegas en Celanova.
• Misa cantada e concerto no Mosteiro de Samos.
• Atopo Habaneiras na Pobra do Caramiñal.
• XVI Certame de Panxoliñas en Mugardos.
• Concerto no Centro Galego de Lisboa.
• Misa cantada na Igrexa da Boa Nova de Estéril (Portugal).
• Concertos en Sotrondio, Xixón, Pola de Laviana, Pravia e Mieres (Asturias).
• . Concerto de Música Sacra na Basílica de Fátima (Portugal).
• . Interpretación da Misa Solemne en Xinzo de Limia (Ourense) con motivo da festividade da Patrimonio Hispánico.
• . “XVII Certame Internacional de Habaneras Cidade de Avilés” (Asturias).
• . “IV Certame de Corais de Galicia, Vila de Marín”, (premio á mellor habanera).
. “IV Xornadas de Exaltación do Mundo Marítimo-Pesqueiro” (Cudillero-Asturias).
• . "IX Encontro Internacional de Coros" (Alqueidâo da Serra-Portugal).
• . Encontro Internacional de Coros (Moimenta da Serra-Portugal).
• . Presentación do primeiro CD no programa “Luar” da TVG.
• . “I Certame Polifónico de Corais Ría de Corcubión”, (primeiro premio).
• . Concerto Lírico-Polifónico no noso décimo aniversario, celebrado no “Teatro As Torres de Santa Cruz”, coa gravación do segundo CD.
• . “XVI Encontro de Música Relixiosa Cidade da Coruña”, na Colexiata da Coruña.
• . Actuación na Praza de María Pita da Coruña nos actos do "Día das Forzas Armadas" de 2005 coa "Banda do Rexemento Inmemorial do Rei nº1", baixo a batuta do seu xefe D. Abel Moreno.
• .“IV Festival Internacional de Música Coral “Auria Canta” de Ourense.
• . Gravación para a TVG do programa "Galicia Enteira" adicado ao noso Concello de Oleiros.
• Participación no “III Encontro Nacional do Coral” en Roquetas de Mar (Almería).
• Organizador e participante no “I Concurso de Corais <En clave Coral>”, patrocinado pola Xunta de Galicia-IGAEM a través de FE.CO.GA.
• Misa cantada na basílica de Santa María a Maior e misa con concerto na igrexa de Montserrat-Santiago, en Roma (Italia).
• “VII” Certame Internacional de Habaneras e Canción Mariñeira” de Cudillero (Asturias)
• Participación no “VII Certame Nacional de Coros Antonio José” de Burgos.
• Actuacións na Basílica da Virxe do Pino, Casa de Galicia nas Palmas, así como na Basílica da Candelaria, Círculo de La Amistad-Centro Gallego e “Club Militar Paso Alto” de Tenerife.
No seu repertorio hai preto de cen cancións: habaneras, canción moderna, folclore galego e de toda a xeografía do Estado, ademais de música sacra.